Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE006003
Clasificación Genérica Elementos arquitectónicos; Decoración arquitectónica
Objeto/Documento Esvástica
Título Triscele calado de Castromao
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Altura = 44 cm; Anchura = 46 cm; Grosor = 11 cm
Descripción Escultura dun tríscele de raios dextrosos, trazado sen compás, de 29 cm de diámetro, e sen moldura exterior. Cada raio ten dentro outro lixeiramente rebaixado. Ocupa o centro dun sillar case cadrado. Pola parte traseira non ten decoración algunha, só son visibles as perforacións. Escultoricamente, ten a especial característica de ter ocos os espazos entre os raios.
Datación 100[ac]=100
Contexto Cultural/Estilo Galaico-romano
Castrexo
Lugar de Procedencia Castromao ( Castromao, Celanova)
Lugar Específico/Yacimiento Castro de Castromao
Clasificación Razonada Este tipo de pezas caladas aínda son escasas. En Galicia, completas, só se coñece esta, e en Portugal tan só outras dúas en Briteiros e Santa Luzia. Si existen fragmentos doutras pezas do mesmo tipo, ademais dun bo número deles en Castromao, temos outros en Santa Tegra, Armea, Santomé ou Monte Mozinho.
A función da peza non está nada clara. Barallouse a función de celosías, dada a falla doutros restos que indicasen a existencia de xanelas, foi Martins Sarmento, pero a pequenez das súas aberturas non parece ter moita practicidade, cando menos para a entrada de luz, xa que, a proporcionada polo fogar e pola porta serían suficientes. Na ventilación interior si poderían xogar un papel máis práctico, xa que non se precisan, para tal fin, aberturas moi importantes. De tódolos xeitos, esta función práctica dependería tamén do lugar onde fosen colocadas. Este parece que sería a parede de entrada da estancia principal, dentro do vestíbulo. Agora ben, se os vestíbulos eran pechados, a pouca luz que puidese traspasalo sería máis ben escasa. Poderiamos pensar, entón, nunha dobre función, unha práctica e outra relixiosa, marcada esta última pola representación do tríscele, sobre o que, a pouca luz que o traspasa, si sería suficiente para provocar un efecto máxico, relacionado, tal vez, con cultos heliolátricos.
A función e simbolismo dos trísceles tampouco están nada claros. Téñenselle atribuído unha relación con movementos de tipo astral. Nalgún momento ata se especulou na diferenza entre o día e a noite, segundo o sentido dos raios. Sábese da gran tradición relixiosa das esvásticas por toda a Europa protohistórica e incluso prehistórica, efectivamente, como representacións solares, cunha función apotropaica. De feito, a propia palabra, de orixe sánscrita, significa "de bo agoiro". Este carácter profiláctico perdurará, ademais, nas estelas funerarias romanas, nas que se continúan representando.
Os motivos de trísceles, tetrásceles, rosetas, etc. son moi abundantes na zona sur da cultura castrexa, paralelamente a presenza doutro tipo de motivos en xambas ou linteis, que forman o conxunto da plástica arquitectónica castrexa, na que dominan os motivos xeométricos, con paralelos, moitas veces, na ourivería e na metalurxia en bronce e, ocasionalmente, na cerámica, formando, en palabras de Xulio Carballo "unha arte homoxénea e coherente (...), non é unha arte mimética ou mestiza, senón unha manifestación artística singular, con personalidade propia".
Bibliografía CALO LOURIDO, F. Trisquel calado de Castromao. Galicia no Tempo. Catálogo da exposición. Santiago de Compostela: 1991. pp. 110-111.

CALO LOURIDO, F. A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa. Coruña (A) (l): Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994. p. 208, nº 1.

FERRO COUSELO, J. Breve reseña del Museo. Boletín Auriense. Ourense (l): 1971, I. p. 302.

GARCÍA ROLLÁN, M. El castro de Castromao. Archivo Español de Arqueología. Madrid: 1966, p. 199, fig. 4; XXXIX.

GARCÍA ROLLÁN, M. Memoria de la excavación arqueológica de Castromao (Caeliobriga). Archivo Español de Arqueología. 1971, 44. p. 196.

NIETO MUÑIZ, E. B. Tríscele calado de Castromao. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 09/2006. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2006_09_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

VV.AA.. Cántabros, astures y galaicos. Bimilenario de la conquista del Norte de Hispania. Madrid: Ministerio de Cultura, 1981. p. 33, Il. 38.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 63-65; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
| más imágenes |
 

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6